Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de xbello

Ciclismo III

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/02/20/0003_7542245.htm?idioma=galego

¡Ai, qué risa, tía Luisa! O carril bici de Santiago son dúas costas ben empinadas, duns 400 metros de longo, feitas con baldosín, cortadas por 4 ou 5 pasos de peóns, por outros 4 ou 5 bocarrúas, e cada unha delas bordeada con baldosín rugoso pra invidentes. O exemplo esmagante de cómo non se fai un carril bici.
Tamén dí na noticia que todas as rúas de Santiago son aptas para a bici: mentira. Se vas pola zona vella en bici pódente multar, porque ainda que os coches poden circular a certas horas, as bicicletas non. Non hai rúa ningunha en todo Santiago que teña un arcén pra poder ir en bicicleta. Coñezo moitas persoas que non andan en bici simplemente porque lles dan medo os coches, incluso algún pai non lle enseña ó fillo a andar na bici por este motivo.Ata dixo un concelleiro que as rúas novas que se ían abrir levarían todas carril bici: mentira. Cando o dixo comezaron a facer a Rúa Valleinclán, e por suposto no ten carril bici.Patético.

Tags:

por xbello, 10:04 20/02/2009

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: