Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de xbello

Ciclismo II

Xa se ven máis bicicletas polas rúas de Santiago. Parece que a Universidade presta bicicletas ós estudiantes pra que poidan disfrutar das rúas de Compostela. Moita xente prefire deixar o coche na casa vistos o precio do combustible e a dificultade para aparcar.
A culpa é nosa, claro. Cando Bugallo foi a Helsinki tivo a ben fixarse no civismo dos cidadáns, pero parece que dende o coche oficial non se aprecia o civismo dos gobernantes. En todo Helsinki e área metropolitana non hai nin un metro de "carril bici" (esa aberración tan típicamente española, de chan vermello, dividido coma unha estrada, aillado con bolardos...). Sen embargo todo o mundo vai en bicicleta ou transporte público. Misterio? Moito máis sinxelo: cada obra que fai o Axuntamento está preparada para o cidadán. As beirarúas están divididas en dúas metades, unha para as bicis e outra para os peóns. Cada vez que unha beirarúa cruza coa calzada, vai baixando paulatinamente ata xuntarse sen escalón co nivel do asfalto. Así podes andar en bici sen temer pola túa vida e sen ter que esquivar baches, alcantarillas, parches e demáis sorpresas coas que Santiago salpimenta a vida do ciclista.

Tampouco se fixou Bugallo que en Helsinki hai onde deixar a bicicleta en tódalas rúas, en tódalas estacións de metro, bus e ferry. O asfalto de tódalas rúas está impecable, a pesares de que a metade do ano os coches andan con cravos nas rodas, e o chan xéase. Incluso as rúas con chan de adoquín son lisas coma pratos. Máis aínda, parece que en realidade Helsiki ten que aprender de Santiago!

Bueno, señor Bugallo: aproveite que hai tantas bicicletas últimamente por Santiago pra promocionar unhas novas multas por non levar casco, por circular sen chaleco, sen luces ou sen unha foto súa no peto. Tamén podería poñer un imposto de circulación pra bicis, ou directamente prohibir a circulación por rúas sen arcen (ou sexa, todas). Sempre será un diñeiro que pode usar para enterrar no alto do monte Gaiás ou pra queimar no motor dun BMW da serie 5, que é algo que os cidadáns agradecen moito.

Tags:

por xbello, 16:36 03/04/2008

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: