Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de xbello

Ciclismo

Declaración

Ando a usar a bicicleta tódolos días por Santiago, e queríalle dar unhas ideas ós concelleiros, xa que unha bicicleta non se manexa igual que un A8. Lonxe de reivindicar carril-bici, que me parece algo de ciencia ficción nunha cidade tan volcada cos aparcamentos soterrados e co turismo, voume quedar en pequenas melloras de fácil acometida.
Ahí vai unha lista de consideracións de urbanismo:

  1. O arcén é prescindible. Xamáis hai que poñer un arcén nunha rúa, xa que podería ser utilizado polas bicicletas.
  2. Pintar unha raia marela ou branca xusto no borde da rúa cumple dúas funcións moi importantes: fai que os coches automáticamente se apropien de todo o ancho da calzada, tomando o dereito de pasarlle ós ciclistas moi preto porque van invadindo o seu carril; e o mesmo tempo fai que esa zona sexa esvaradiza para as rodas da bici.
  3. O borde da rúa nunca se unirá a nivel coa beirarrúa. Sempre ha de haber un burato de non menos de 10 centímetros cheo de cristais e pedras. Así, cada bicicleta que pase por ahí por accidente ou empurrada por un coche terá que voltar pinchada á casa.
  4. A raia marela e o buraco do borde só se interrumpirán pra poñer alcantarillas. Estas alcantarillas nunca se poderán poñer cun desnivel inferior a 10 centímetros ó da rúa. Así, ademáis de pinchar a bicicleta, torceráselle a llanta, e no caso da bicicleta de carreiras, non poderá ser endereitada.
  5. Sempre que haxa que pasar unha tubería de teléfono, gas, electricidade, auga... farase polo borde externo da rúa. Ademáis ha de requerírselle a empresa que o faga que tape o buraco da peor maneira posible: un desnivel sempre maior de 5 centímetros, con asfalto rugoso e irregular (mellor aínda, con cemento). Se hai previsto facer dous pasos de tubo, abrirase un ó lado do outro, pra ampliar a zona intransitable. Os tubos que atravesan de lado a lado a rúa tamén son unha boa ocasión pra poñer estas trampas ós ciclistas.
  6. Cando unha rúa teña un pequeno desperfecto na zona onde debería estar o arcén, botarase o suficiente asfalto como pra provocar un abultamento de 10 centímetros ou máis. Este proceso poderá ser recursivo, aumentando o volume do parche cada pouco tempo.
  7. Tamén se apreciarán as rúas con adoquinado ou empedrado imposible. Tres bos exemplos a seguir son a Rúa de S. Pedro, Rúas Carretas/Trinidade e Castron Douro. A idea de comezar a Rúa de S. Pedro cun rexistro de lado a lado da rúa coas rendixas na dirección da roda é maxistral: custoume un arranxo de 20 euros na roda dianteira, e un golpe na cadeira.
  8. Cando se remodele unha rúa o procedemento será sempre medir o ancho dun coche e dar ese ancho exacto á calzada. Se se pode aumentar a pendente máxima, será ideal. O mellor exemplo sería a Rúa das Rodas (acompañada polo maxistral movemento de pechar ó tráfico a R. Valleinclán). Tamén hai bos exemplos en todas as remodelacións do ensanche. Se algunha zona poidera ser utilizada por moitos ciclistas, poñerase o peor firme posible da peor maneira posible, e esquecerémonos dél por trinta anos. Por exemplo, en todo o Campus Sur.
  9. Toda a zona vella estará desprovista de lugares para atar a bicicleta. Na zona nova xa están farolas e árbores pra iso. Semellante inversión en argoias de ferro é inabordable para un Axuntamento como o de Santiago. Mellor facer un burato no monte Gaias e enchelo de cemento.
  10. Nunca ningún alcalde pasou á historia por favorecer ó ciclista ou ó motorista. No canto, Paco Vázquez será sempre recordado na Coruña pola construcción dun tranvía amplamente utilizado por xubilados aburridos e turistas despistados. E ó fin, ¿pra qué se constrúen as cousas? ¿Pra uso do cidadán ou pra maior gloria do consistorio?
Estas son os meus pequenos aportes como ciclista. Espero que se teñan en conta algunhas en futuras actuacións, pra facernos a vida máis picante e chispeira ós que nos movemos en dúas rodas pola cidade.

Tags:

por xbello, 09:59 13/12/2007

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: