Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de Teri

O blog de Vista Alegre (existe)

Novos veciños no parque

Cóntame o meu amigo D. M. que o porque de que tamén se coñeza o noso parque como finca Simeón é que pertencera a esta familia de banqueiros. Se cadra, por iso aínda quedan nel pistas do tempo no que foi privado (aí está ese peche!).
Hoxe, ademais de camelias, carballos, maceiras... temos nel un parque infantil apto para discapacitados, a Escola de Altos Estudos Municipais; conservamos a fermosa Casa de Europa... e pronto teremos novos veciños. Seica no vindeiro outono abrirá aquí as súas portas o edificio da sede noroeste da Sociedad General de Autores y Editores, e D. M. tivo para hora e media de bromas con isto. E a vós que vos parece?

Tags: Casa de Europa Escola de Altos Estudos Musicais Parque de Vista Alegre   

por teri, 08:37 12/05/2007

Comentarios (1)
ampar
# 14/Xuño/2007
a min paréceme que á SGAE o que hai é que enviarlles estrelas afiadas que se lle claven nos amplificadores. ramoncín si que sabe

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: