Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de Teri

O blog de Vista Alegre (existe)

Pensando xa no San Xoán

Vaise achegando a noite máis máxica do ano e en Vista Alegre sempre tivemos sona de montar unha das mellores cacharelas da cidade. Desta non vai ser menos.
Das máis de 70 cacharelas que arderon en Compostela o ano pasado a nosa, xunto coa de San Pedro, volveu demostrar que por algo é unha das mellores fogueiras da cidade. Este ano temos sardiñada a partir das 7 da tarde. Tamén haberá música ata altas horas (temos que aproveitar que desta vez non traballamos trala noite máis longa do ano!!!). Pero recordade que non hai lume sen leña e seguro que todos tedes algo pola casa que queimar (controladamente!!). Ti que vas traer?

Tags: San Xoán   

por teri, 11:28 13/06/2007

Comentarios (1)
ampar
# 13/Xuño/2007
vale o colchón, ou a vigha? a festa máis grande do ano

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: