Blogs Composteláns
Concello de Santiago

Sigüeiro tamén é Compostela

Blog sobre Sigüeiro e o rural compostelán.

Sigüeiro, Santiago?

Efectivamente, para quen se deteña habituamente nos atascos en hora punta perto da Ponte Sigüeiro, pode ver un pequeno letreiro de SIGÜEIRO, SANTIAGO DE COMPOSTELA. Máis en www.sigueiro.com
O Nome de Lugar de Sigüeiro, a pequena Aldea diante da Ponte, que lle da nome a actual Urbanización enclavada no Concello limitrofe, forma parte do Concello de Santiago.

Asique moitos novos viciños de Sigüeiro (Oroso) descoñecen mesmo que Sigüeiro ten Parroquia, Santo André da Barciela, cuxa Igrexa e campo da festa tamén están en terras compostelás.

O Excmo. Concello de Santiago de Compostela tamén parece descoñecer que a Parroquia da Barciela, Sigüeiro e todas as suas aldeas tamén pertencen ao Concello, agás iso si de remitir-nos os recibos do I.B.I. e demais impostos. O estado das poucas Marquesinas, pistas e camiños públicos, o abandono de patrimonio público coma innumeraveis FONTES, MUIÑOS e incluso a Casa do Cura e unha antiga escola pública en ruinas, fan que estas terras parezan Ermo de Ninguén.

Por iso se crea este Blog, para denunciar o estado de abandono do Rural Compostelán.

www.sigueiro.com

Tags: Abandono   Barciela   Oroso   Pisos   Rural   Santiago   Sigueiro   

por sigueiro, 13:08 30/01/2008

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: