Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

FLORES DE CARNAVAL (Carmen Otero. Centro Sociocultural de Vite)

Ingredientes: 

• 150 g de fariña
• 2 decilitros de leite morna
• 1 ovo
• 1 copa de anís
• 1 culler pequena de azucre
• 1 culler pequena de levadura en po
• Sal
• Azucre glas con canela
• Aceite
• Un molde para as flores

Preparación: 

Poñemos a fariña nun bol, deixando un oco no medio, onde votaremos o sal, o azucre, o ovo e o leite, mesturamos todo ben e deixamos repousar.
Poñemos a quecer aceite, metemos o molde dentro dese aceite para que tamén se queza. Despois metemos o molde na masa ata que se cubra por riba e poñémolo a fritir. Cando estea doradiña sácase, e espolvoréase con azucre e canela.

Tags:

por reddecentros, 19:32 14/02/2014

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: