Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

FILLOAS DE CALDO (Carmen Otero. Centro Sociocultural de Vite)

Ingredientes:

 • 1 cunca de caldo de cocer unha pouca carne de porco
• Auga ata completar dous litros de líquido (sumado ao caldo)
• 4 ovos
• 750 g de fariña (máis ou menos)
• 1 anaco de touciño para untar a tixola
• Sal

Preparación: 

Bater os ovos e engadirlle a cunca de caldo máis a auga, engadir unha presiña de sal, mesturar coa fariña procurando que non se formen grumos. O punto para parar de votar fariña será cando ao meter un cucharón con amoado e devolvelo á pota o fai a "gotiña".
Nunha tixola untada con touciño vamos votando a masa de xeito que quede finiña, cando estea feita a filloa por un lado dámoslle a volta ata rematar.

Tags:

por reddecentros, 19:31 14/02/2014

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: