Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

ROSQUILLAS DE CARNAVAL (Olga del Buey, Centro Sociocultural de Vite)

Ingredientes: 

• Unha cunca de café que empregaremos como medidor
• 1 ovo
• Azucre
• Anís
• Manteiga
• Auga
• 275-300 g de fariña
• 1 sobre de levadura royal
• Raspadura de limón
• Aceite para fritir

Preparación: 

Votamos o ovo na cunca de café, e ata onde chegue esa será a medida para a auga, o anís e a manteiga.
Comezamos batendo o ovo, engadimos a auga facendo unha cremiña, logo o anís e a manteiga, previamente metida no microondas para que abrandase.
Engadimos as raspaduras do limón, e vaise engadindo a fariña coa levadura pouco a pouco.
Cando a masa estea consistente pero brandiña deixase repousar media hora tapada con un pano.
Fanse as rosquillas e frítense no aceite de oliva a lume medio. Ao sacalas do aceite espolvorealas con azucre.

Tags:

por reddecentros, 19:30 14/02/2014

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: