Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

FOLLAS DE LIMÓN (Rosa Requejo, Centro Sociocultural de Vite)

Ingredientes: 

• 1 ovo
• 2 vasos de leite
• 1 vaso de auga
• Unha presiña de sal
• O zume de dous limóns
• Fariña
• Follas de limoeiro limpas
• Aceite para fritir
• Un dente de allo
• Azucre  

Preparación: 

Poñemos nunha cunca grande o ovo, o leite máis a auga, o zume, o sal e remexemos. Engadimos a fariña con coidado de que non faga grumos. A consistencia que ten que acadar é máis espesa que para as filloas, aínda que os ingredientes sexan os mesmos, a excepción do zume de limón. Para saber se conseguimos a consistencia precisa meteremos unha folla de limoeiro dentro desta masa, se se queda pegado a ela unha capa xeitosa xa estará ben, senón temos que seguir engadindo unha pouca máis de fariña.Nunha tixola algo profunda poñemos aceite a quecer, cun dente de allo. Cando este estea doradiño o aceite xa estará listo. Bañaremos as follas na masa e botarémolas a fritir, cando estean doradiñas sacámolas para unha fonte cun papel absorbinte. Espolvoreamos con azucre, se se quere tamén con un pouco de canela ou azucre vainillado.Cando arrefríen un pouco poderemos sacarlle a folla e xa estarán listas para degustar.

Tags:

por reddecentros, 19:28 14/02/2014

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: