Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

Recetas árabes: Mandy e Sandwich de falafel

No Centro Sociocultural do Ensanche, dentro do curso de iniciación a lingua e a cultura árabe, achéganse unha vez ao mes, a esta cultura a través da súa gastronomía. Podedes seguir estas recetas e mais no Blog do CSCXM O Ensanche http://oensanche.wordpress.com/
Receta cedida por Rawan
O último martes de cada mes, os nosos participantes de iniciación a lingua e cultura árabe achéganse a esa cultura a través da gastronomía, para isto desplázanse ao centro sociocultural da Trisca para poder utilizar a aula de cociña e así poder achegarse á cociña árabe. Guiados por a monitora da actividade, Rawan, os participantes puideron aprender a preparar e degustar duas ricas receitas.A primeira que realizaron chamase Mandy un suculento arroz con ternera e un sandwich de falafel.  A continuación vos deixamos a receita para que vos tamén podades facela. Vos animades a probar?

Mandy

Ingredentes para 6 personas
  • 600 gr. De arroz basmatimandi
  • 1 1/2kg de carne de ternera "agulla"
  • 1 feixe de cilantro
  • 1 tomate maduro
  • 1/2 pemento verde
  • 2 dente de allo
  • 1 cebola grande
  • Sal (ó gusto)
  • 1 pouco de carbón (para facer brasa)
  • Aceite de oliva
  • Especias (reladura de noz moscada, canela, curry, loureiro, pementa negra e cardamomo).
  • Uvas pasas
  • Améndoas
  • Piñons
  • Papel albal
PreparaciónSe pon a cocer con loureiro a carne de agulla ata que se poña tenra.Mentres se vai cociñando a carne picamos o allo, o pemento verde, a cebola, o cilantro e o tomate e os sofreimos con dúas cucharadas de aceite.Cando este pochada esta mezcla se lle engade o arroz basmati as especias e a sal. Una vez feito isto engádeselle auga (de la cocción da carne) e se cubre o arroz. É importante respectar a cocción do arroz basmati (uns 20 minutos aproximadamente).Cando o arroz esta listo se  engádese os anacos de carne. En papel albal poñemos a brasa e engadimos una culler de aceite e tapamos rápido porque vai a saír fume. O que facemos con isto es afumar o arroz este proceso tardara 1 minuto aproximadamente.Emplatamos e decoramos con froitos secos frixidos.Esta comida acompáñase cunha ensalada e con salsas picantes.

Sándwich de Falafel

falafelIngredentes:
  • 2 Pepinos
  • 2 Tomates
  • 1 Bote de pepinillos
  • Medio kilo de garavanzos
  • Perexil
  • Cilantro
  • 1 Cebola
  • 3 Dientes de ajo
  • Cominos
  • Cilantro seco moído
  • Especias para falafel
  • Sal (ó gusto)
  • Pan de pita
  • Aceite de xirasol
PreparaciónE importante ter en remollo os garavanzos a noite anterior a facer a receita.Se tritura directamente os garavanzos sen cocer coa picadora xunto coa cebola, os allos, o perexil, a sal, os cominos, o cilantro fresco e unha taza de auga (a ser posible da auga que estiveron os garavanzos en remollo). Mesturar ata conseguir unha textura espesa.Formar pequenas bolas coa mistura que acabamos de facer del tamaño de una pelota de ping pong. Fríxese en unha cazarola con aceite de xirasol (a bola debe ir al fondo, cando este lista subira ela sola). O aspecto que debe ter es dourado.Se quenta o pan de pita no forno (este debe inchar un pouco).Cortase o pepino, os pepinillos e o tomate en cachos finosUnha vez quente o pan de pita se parte a metade e se mete un pouco de pepino de tomate e de pepinillos unhas bolas de falafel que se aplastan e se acompaña con humus (deixalo mais liquido que para tomar como paté).Aquí deixamos o enlace ao hummus para que recordedes como se fai xa que o vamos utilizar en esta receita.http://oensanche.wordpress.com/2013/11/05/aprendemos-a-facer-hummus-unha-receta-arabe/

Tags: arroz   arroz basmati   cociña árabe   falafel   pan de pita   

por reddecentros, 14:10 02/02/2014

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: