Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

FILLOAS (María Silvestra Otero Liñares. Centro Sociocultural de Vite)

Nunha tarteira colocar auga cun óso de lombelo a cocer, salar a gusto. Ten que ferver polo menos 15 minutos.
Despois coller un recipiente e enchelo ata a metade da auga anterior. A outra metade ten que ser de auga fría. Engadirlle ovos e fariña, para un quilo de fariña compren unha ducia de ovos.
Bater ben, ata que non queden grumos, e formamos un amoado, é dicir, unha masa lixeira.
Quentar ben unha tixola, e unta-la con un pouco de touciño na base. Empregaremos touciño en lugar de aceite. Botar unha pequena cantidade espallada pola tixola, darlle a volta cun garfo e poñelas nun prato cando estean cociñadas.
Hainas que deixar arrefriar un pouco unha vez sacadas da tixola antes de colocalas unha enriba das outras.

Tags:

por reddecentros, 19:36 14/02/2014

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: