Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

FREIXOA (María Silvestra Otero Liñares. Centro Sociocultural de Vite)

Facemos unha masa mesturando fariña de trigo, auga, un chisco de sal e 3 ovos. Ir engadindo os distintos ingredientes pouco a pouco ata formar unha masa un pouco espesa pero sen grumos.
Partir un anaco de touciño de carnicería e botalo nunha tixola para que se faga. Cando estea retirar a graxa e engadirlle cebola picada.
Darlle unhas voltas, segundo o gusto de cada un, e logo engadirlle a masa anterior. Remexer ben. Ten que quedar un pouco grosa, como unha tortilla.

Tags:

por reddecentros, 19:35 14/02/2014

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: