Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

ORELLAS (María Silvestra Otero Liñares. Centro Sociocultural de Vite)

Para face-la masa hai que mesturar un vaso de leite morno (é importante que non ferva), unha culler de manteiga e outra de unto de porco. Engadimos un sobre de levadura, un pouco de zume de limón e un chorro de anís.
Logo pouco a pouco engadimos a fariña ata facer unha masa que non quede pegada ás mans.
Estiramos esta masa para que quede finiña e vamos cortando os anacos, dámoslle forma de orellas cun garfo.
Poñemos unha tixola con aceite e cunha monda de limón. Cando o aceite estea a punto retiramos a monda e vamos votando as orellas.
Cando estean doradiñas sacámolas para unha bandexa e espolvoreámolas con azucre.

Tags:

por reddecentros, 19:33 14/02/2014

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: