Blogs Composteláns
Concello de Santiago

As Recetas dos Composteláns

Recetas aportadas polos usuarios e usuarias dos centros socioculturais

COCIDO (María Silvestra Otero Liñares. Centro Sociocultural de Vite)

Poñer en auga a ferver un puñado de fabas. Cando comece a ferver botamos a carne: lacón, cachucha, costela, galiña e tenreira (esta carne é segundo o gusto, pode levar tamén rabo, touciño...) e un anaco de unto.
Deixar facer unhas dúas horas como mínimo, aínda que no caso do touciño cunha hora será abondo.
Cando estea cocida hai que quita-la para outra tarteira e retirar o pedaciño de unto que quede.
Nesa mesma tarteira, xa sen o unto, botarlle as patacas (algunhas en anacos, outras enteiras), e cando a auga volva a ferver engadirlle os grelos e os chourizos.
É importante que a tarteira sempre ferva pero non lentamente, senón que ten que ter un lume forte.
Salar a gusto.

Tags:

por reddecentros, 19:33 14/02/2014

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: