Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de desinv

Últimas novas tecnolóxicas para empresarios de Galicia

Que plataforma usar para unha tenda online?

Á hora de montar por primeira vez unha tenda online, pódennos surxir dúbidas como: Que plataforma é a máis adecuada para o meu sitio web? Debo usar un aplicativo gratuito ou de pago? Neste post intentaremos aportar un pouco de luz e analizar as plataformas online máis coñecidas, para expoñer as ventaxes e inconvintes que ofrece cada unha delas.
Un dos indicativos chave para tomar esta decisión, é o número de produtos que teñamos na nosa tenda; un número reducido permitiranos optar sen maiores inconvintes por un sistema como WooCommerce, áxil e intuitivo e pensado para xestionar poucos produtos; sen embargo para un número elevado ou características e atributos complexos, é recomendable usar outru tipo de plataformas máis completas como Prestashop o Magento. Imos facer un repaso das plataformas online máis coñecidas e analizar as características de cada unha:

WooCommerce
Que e WooCommerce?: WooCommerce é un módulo para WordPress, lanzado por primeira vez no 2011, que transforma o noso blog nunha tenda online. É a plataforma perfecta para pequenos empresarios que desexen vender un número reducido de produtos online, con poucas variacións. Un dos seus puntos fortes é o fácil manexo da ferramenta, sobre todo para todos os que están acostumados a traballar en Wordpress

Ventaxes de WooCommerce
  • É gratuito
  • É máis adecuado para o posicionamento web / seo, xa que teremos un blog para iso
  • Númerosos plugins gratuitos para todo tipo de funcionalidades
  • Módulos gratuitos para a maioría das pasarelas de pago (PayPal, Stripe, RedSys...)
  • En xeral, a implementación saldrá máis económica
  • Código aberto
Inconvintes de WooCommerce
  • Limitado a un número relativamente pequeno de produtos
  • A xestión dos atributos e características dos produtos é basica
  • É máis vulnerable aos ataques se non mantemos actualizada a web coas últimas versións
  • Xestión de usuarios é moi básica se non se instalan plugins adicionais

Prestashop
Que é prestashop? Prestashop é unha plataforma de código aberto, lanzada por primeira vez en febreiro de 2008. A diferencia de WooCommerce e Wordpress, Prestashop é un sistema destinado únicamente a servir como plataforma e-commerce, pensado para tendas con un volume medio / alto de produtos e ventas.

Ventaxes de Prestashop 
  • É gratuito
  • Un dos foros máis activos de fala hispana
  • Xestión de usuarios, gurpos e carritos de compra sen necesidade de instalar ningún módulo adicional
  • Sistema robusto pensado para alto volume de negocio
 Inconvintes de Prestashop
  • A maioría dos módulos (bos) son de pago
  • Precisa dun hosting / servidor máis potente que WordPress
  • O posicionamento web e a optimización para os estándares de Google son máis complexos que en Wordpress

Shopify
Que é Shopify? Shopify é unha plataforma de e-commerce propietaria, lanzada en 2004 pola compañia Canadiense co mesmo nome. Está pensada para que usuarios sen idea de programación poidan montar unha tenda online sen necesidade de axuda de un programador. Ademáis, grandes grupos empresariales como Tesla, CrossFit o FooFighters usan esta plataforma para xestionar as súas ventas online. Como contraprestación, a diferencia de WooCommerce e Prestashop, é un aplicativo privativo, e só existe a posibilidade de contratar plans mensuales a partir de 30$ ao mes aproximadamente.

Ventaxes de Shopify
  • Pódese montar unha tenda online con poucos coñecementos de programación
  • Moi bo soporte / atención ao cliente
  • Proporciona unha API moi extensa para desarrollar aplicativos personalizados
Inconvintes de Shopify
  • Prezo: suscripción mensual a partires de 30$ ao mes
  • Non existe unha comunidade hispana tan amplia como con Prestashop ou WooCommerce
  • Non hai tanta variedade de módulos como nas outras dúas plataformas

Conclusións
A decisión de usar un sistema e-commerce ou outro dependerá das nosas necesidades específicas para o modelo de negocio. Non é o mesmo montar unha tenda online para un pequeno negocio que venda 10 ou 15 produtos, que para un negocio que teña en stock máis de 500 produtos. 


Tags: e-commerce   prestashop   shopify   tenda online   woocommerce   wordpress   

por desinv, 13:02 10/01/2019

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: