Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de c2p2

Vella Música de Santiago

AS IDADES DA VIDA

  Para ver que todo se foi, dáme o teu sangue, amor meu.Para ver que todo se foi, dáme o teu sangue e o meu.
             
  Para ver que todo se foi, dáme o teu sangue, amor meu.Para ver que todo se foi, dáme o teu sangue e o meu.
                                                      F. G. Lorca Eran, nun tempo, que era de todos, as brisas e os soportes comerciais.A miña nai amamantara ao seu fillo con todos os sensaibos da vida por ferida.E brillaba o sol adiante, alá no alto, entre as espigas. As Idades da Vida                                                                                  Remataran de morrer os Tempos Antigos e o Home Novo estaba por todas partes coa clara alegría nos ollos.¿Qué sabes ti, meu irmán, das que pasamos observando cada día o horizonte e as serras?¿Foi acaso o noso prego o que nos levou máis adiante?¿Foron acaso as inquedanzas as que nos trouxeron e levaron?¿Qué foi daquel día no que nados vimos a luz do día por primeira vez?E viñeron os salaios e a laia e a Besta humana traspasou o noso seo e quer durmir connosco.Hai ademais animaliños cegos cheos de caricias.E Deus, o pan noso de cada día, aperta que non afoga.E é diminuta a pegada do pneumático nos nosos sisos durmidos.E alá, cara onde os chuchameles xogan coa araña ver as raiolas de sol a traveso do prisma das pingas que se colgan das flores calquera día de xeada, cando o gran cazador nos osma e venta, necesitamos imperiosamente do abrigadoiro que o despiste e nos devolva despois ao sosego do durmido.Viñeron luces e sombras, crueis testemuñas.Veu o rapaz da Aurora labrarse un porvir neste sitio.Veu o día do xuízo final dicindo que todo rematara.Veu un exército de preguiceiros sodomitas e as uvas tristísimas da alcaparra.Chegaron baduar ao oído os nomes sacratísimos da vida en perdición.Do humus derrotado.Do arado vencido.Da flor silvestre medrando a cada paso e dos seus licores estragados pola fráxil memoria do divertimento fácil e as cuestións que levan ata o exilio.E a multitude gritaba en cada curruncho do noso ser e quería ser ela, a gran madrastra dos fillos bastardos e ilexítimos.E a multitude adoraba á multitude.Aquelas cousas que nos fixeron nenos ficaban agora ocultas.Volveron os ríos saírse de nai e polas escorregaduras máis arriscadas levánbase con eles facendas e caprichos.A Nai Natura berraba dende calquera fin a hora en que nos tocaría.E o fin estaba preto, moi preto.O fin era a vida.E a vida era o fin.Os que xa estiveran así nolo dicían.E tamén as aldraxes e as defensas.As verdadeiras testemuñas de que algo fermoso e grande tiña sucedido.De que os deuses oirían tamén áas e perfumes, achicoria e palimsepstos....e noticias que se describirían como aquelas que lograrían traspasar o sancta sanctorum das censuras para volver ser nós, aqueles que se foran, aqueles que agora regresaban para recuperar o amor que se tiña ido.  Os nenos ían ás barcas cos peitos da paixón como anuario. E os grandes xeritalfes consumían o obsceno, sentado á súa mesa polo reino das incertidumes.Garantías eran as rosas, as sementes do millo, os peixes no océano, as fermosas amantese os candieiros.As estrelas colgadas das árbores da froita e os paxaros serenísimos.Miña nai tiña os secretos destas cousas.Dos animaliños que se curan cando os apupa a ferida.Dos soños incandescentes e o corpo escravizado polo desgaste continuo da esperanza rota.Entre os sons da vida os ecos agradables dos amigos traían a resistencia a este reino dominado polo escorbuto.Ríamos de nenos crendo que a vida non remataría no pechar os ollos por derradeira vez nesta vida.Pero os salaios continuaron. Trouxeron a malaria, os espectros, as cousas en desuso.E aprendemos vivir lonxe dos grandes artificios.Aprendemos que as cousas xa sabidas teñen volta de folla.Que os animais pacen pacientemente todo o que rumian.Que as escaleiras podían ser edificios en ruínas.Que o bosque estaba lonxe, lonxe, e que nós eramos pequenos habitáculos onde todas as sortes nos sorrían.O mal do enfermo, a risa do san.Entre tanto:as barcas ían aos nenos e os nenos soltaban a súa gargallada agardando os ollos do boi que lle ensinaran os misterios do océano.Asían insectos polos cornos e volvían ás casas das súas nais despois dun día de asueto.Riran ou choraran, os nenos sempre volvían.E diante da veleta dos tempos os pequenos animaliños axeonllábanse ou se soerguían agardando quizais o mesmo día de sempre.  á sombra que sempre m ´ asombraRosalía de Castro

Tags:

por c2p2, 00:00 12/10/2008

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: