Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de c2p2

Vella Música de Santiago

SIGO "NAMORAO"

Agarda tío, que eu esas cousas que ti perguntas non as podo responder por ti. Ademais, todo o que se diga pode ficar gravado. Ademais, nada hai que máis amole na vida que que pasen cousas e non as poidamos contar. Seguro que isto nada di, e isto pretendemos inventar, o nada por dicir, dito. Inventemos os ditos pois, mais, antes, todo o que se di por aí dise por aí e non por aquí. ¿De que podemos falar logo? Das cousas que se din por aí ou por aquí. ¿E para que? Pois, como o día está así como medio endiañado, e este ano a Procesión da Virxe vai quedar pasada por auga, falemos dos curas ho, ¡ou que! Eu flipo co da miña parroquia. Agasálleme, logo é bo cura. Mais como é cura (i eu non) sabe máis que eu, e non me queda máis remedio que admitilo. Está o cura gabándome moito, para que sexa bo rapaz... e cousas desas, e a min non se que me da contrarialo, pois hei de admitir que as súas gabanzas gábanme. Isto teño que recoñecer que é así. Como o cura está sempre aos seus maitíns, a min fáiseme un pouco árduo alcanzar tanta plenitude no seu vocabulario, así que sempre me queda algunha tarefa por realizar. E esta que sigo, é a que agora emprendo, e mais non hai, di o libro sagrado, ata que saibamos. Como se trata de saber, podemos colixir que pode ser de dúas maneiras, segundo sigamos a primeira lei ou a segunda. Isto é, pode ser correcto, ou incorrecto (anque a min contáranme que das dúas maneiras non podería ser) (polo tanto ten que ser dunha sóa maneira).
A maneira é esta. Ramona fíxolle un fraco favor a Sampedro, e todos o lamentamos.
Como asunto a tratar é a Lei Andaluza para unha Morte digna, trateremos de non ferir susceptibilidades afirmando que as leis sempre nos pareceron malas, imposibles de cumprir. E digo isto sabendo que unha lei pode crearse, como pode derogarse, e ademais moi doadamente. Creo logo que as leis se fan moi doadamente, e que moi dificilmente se cumpren, e tratarei de explicar, iso que é inexplicable, facendo uso da abstracción pictórica picassiana en termos polivalentes, de fácil comprensión, que disto trata o Catecismo do neno labrego, de Portela Valladares. Leiras Pulpeiro tamén opinou así. A lei faise coa sá cobiza de ser cumprida, non para que se incumpra, e agora o cura avisoume. A lei, logo, está feita para ser cumprida.
Máis alá da lei está o camiño ancho que trazan os homes, no seu discernimento, e pode ser un primeiro axioma universal. Así a vida é máis que a morte, anque a vida sexa menos duradeira, por iso prezado valor, tesouro. Aquí comezan as quybyrycas dun fossado escritor galego que está canso de dar voltas ao mundo, e que procura un algo así como refuxio á vosa beira. E logo.
Estaba miña nai no Don Gaiferos traballando nas cociñas e o meu pai ía ás catro da mañá acompañala, cando saía da laboura. Facían o camiño Ruanova-Praza da Quintana-San Francisco-Pelamios-Burgo das Nazóns-Vite. Eu andaba Vite-Conxo, Conxo-Vite, cando aínda non había autobús, e a Conxe se lle chamaba Conjo. Debemos estar polo ano 1985, e para min que non mudou nada do que había.
Se con estas andamos facendo o ganso por aquí, e porque agora polo Auditorio non hai máis que gansos, ou polo menos eu o vexo así. Eu logo vivo no Campus Norte, e o Campus Norte é ben diferente do Campus Sur. Pero como nacín no Campus Sur, pois coido que as diferenzas están entre os que andan polos Campus. Así o que é do Campus Sur está moi avezado andar polo Campus Sur, e o que anda polo Campus Norte está á súa vez tamén moi avezado andar no Campus Norte.

Tags: CAMPUS=CAMPO=CAMPUS   

por c2p2, 21:55 03/09/2008

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: