Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de c2p2

Vella Música de Santiago

COMPOSTELA MON AMOUR

¿Oes?... O pouco que sóa o francés nas rúas de Compostela... Se houbese unha enquisa de idiomas que máis sóan en Compostela eu daríalle a preeminencia aínda ao galego....
Non sei eu moi ben como vin parar aquí, pois se tivese seguido a ordenanza a pé de letra agora moi ben puidese estar residindo en calquera outra cidade da Península. O caso é que non. Que vivo en Compostela, e son nado en Compostela.
Por esas razóns que nin en Compostela son obvias, e coido coñecer a moitos composteláns, diría eu facer o que fago pois os camiños que nos traen aos abeiros, son os que máis hai que agradecer, e son tamén os máis gorentosos da saúde do Planeta. Temos que agradecer por elo o poder seguir residindo en Compostela despois de ter atravesado innumerables avatares, e de ter sobrevivido a todos.
Non serei eu quen diga que vivir na Terra é estremadamente fácil, pois, teño motivos de sobra para asinar o contrario, anque tampouco serei dos que tiren a primeira pedra contra deses que aínda nolo fan máis difícil.
Pois diso se trata, de facer fácil a vida dos outros, e non ter que menosprezar o que outros, con outros méritos ou virtudes teñan conseguido, á súa maior gloria e pracer.
Como estamos costumados vérmolas con todo o que aquí hai, ¿daremos un paso adiante se dixéramos descubrir con elo o que nos rodea e forma o noso locuus vernaculus e interplanetal. Ah amigo, iso non é sen tempo. Tempo logo e habitación, ou cuarto, as tarefas domésticas feitas e un café con leite no Los Porches, para madrugar, un Tempo na Rúanova e despois ao Suso, que son unha banda de rapaces moi lisgairos e entretidos.
Xa, vale, recollín velas e o pailebote fica ben amarrado a porto e xa poido andar a Vila do Pobo, nada, un cachiño andando, un tempo coas flores medrando á beira dos camiños, un rego de auga que baixa entre as herbas....
Tamén quero Boiro, e Rianxo, e Malpica, e Muros......... Quero ademais Pino de Val, e Cova da Serpe, e o Xistral, O Courel, ou Vimianzo.... Esa liña entre Fisterra e Pedrafita do Cebreiro, as mascotas do  Norte, as mascotas do Sur, esa é a miña liña, Ola, Olalla, Valalla, Ferrol.
Temos logo o barco atracado nos peiraos do Arsenal Militar de Ferrol, xa os vellos nos desguaces, xa unha proa semellante. Por algo non pasamos en balde a noite baleira no faiado do Ministerio da Mariña...

Tags: ÓSIDO TÓSEGO   

por c2p2, 11:20 28/07/2008

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: