Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de c2p2

Vella Música de Santiago

SÁHARA OCCIDENTAL

Marrocos.... Mauritania... República Árabe Saharauri Democrática... Bereberes... Tuaregs...
Ollai ráudo a brizna de palla cruzar os aires diante de nós e ocupar todo o espazo da mirada coa súa ínfima materia.. Un neno. Alá o Sol dominante e a xeada da mañá e as areas... Un escorpión...
Teimas..
Don Quixote: "este estúpido de Sancho xa non sabe nin levar o asno".
Pois ben, sucedeu un día, e estamos de acordo dende aquela, que as cousas sempre serán doutra maneira ás establecidas, e, dise así das cousas que, irrelevantes, adquiren outra dimensión cando a tratas coas medidas verdadeiras, os sistemas de homologación, os estándares de calidade, os códigos ISO.... e todo iso.
Dicía Silvestre ao mal gato que o quería pillar e convertelo en caldo de polo: os gatos de hoxendía andan listos se nos queren comer se non pagan a factura da granxa....
E é que a granxa ten uns gastos e hai que mantela, que é a nosa principal fonte de riqueza....
A riqueza, por tanto, é o que hai que conservar.
Se unha lei di isto, poida que outra diga outra cousa.
Unha lei di isto agora e mañá pode dicir outra cousa.
Non estamos exentos de cumprir a lei, por iso mesmo, porque non podemos faltarmos a nós memos, nin tolerar os ataques exteriores, pois nos prexudicaríamos.
A riqueza non se defende con guerras inútiles que costen sangue e vidas, arruínamento de bens e outros males por calibrar, senón por todo o contrario, por crear un clima propiciatorio para que a riqueza, vala a redundancia, medre.
E os demais son excusas.

Tags: MENDEZ NUÑEZ   

por c2p2, 18:06 16/07/2008

Comentarios (2)
c2p2
# 16/Xullo/2008
Claro que tamén se podería falar de "Las Rebajas El Corte Inglés" que para iso son as máis fiables..
Na illa de San Simón só había barqueiros, e coido que un chamábase O Canouro, que te pasaba dunha beira á outra por un módico prezo. Viaxar en barca polas augas tranquilas de calquera país con saída ao mar debería saberse por impagable, pero é moi posible que isto non sexa así. En fin, que as riquezas naturais son un ben moi disputado, e que non convén perder de vista.
Polo pronto, está ben considerar o propio como o máis fermoso, que para iso é o propio, e que as modas extranxeirizantes comulguen o máis axiña posible co noso, como poderemos prever, pero anque isto non sexa un efecto perdurable que contamine ao pobo cos seus vezos, si é un efecto da apertura da sociedade cara outros afíns, que, sen menosprezalos, os atraian aos destinos onde as cousas poidan fructificar, sen perder o camiño dun principio de vista pois este é o que traza a senda verdadeira tanto dos receptores como dos acollidos.
E como vai estar de moda unha versión da inmigración moi denigrante tanto para o inmigrante como para o natural, coidémonos muito de non caer nese pecado.

Eu traballo para unha ONG e sei que estas cousas están á orde do día. Que mañá o pecado se tranformará en culpa, e que o pecador terá que expiar o seu pecado se querer alcanzar a Salvación Eterna.

c2p2
# 19/Xullo/2008
Tamén son músico, escritor e poeta. Fun militar. Traballei para unha multinacional da electrónica. Estiven de enfermeiro no Sergas. Teño agora este blog, e moito tempo.
Vendín libros e discos de música, estudiei informática, arruineime e estiven de méndigo. Fun viaxante, etnógrafo, arqueólogo e bibliotecario. Fun escultor, fotógrafo, videoafeicioado e cineasta. Fun lector das Sagradas Escrituras, apóstolo do cristianismo, apólogo do materialismo diálectico. Traballei para Kafka en Chequía, para Mann na Alemaña de entreguerras, lector de Freud, discípulo de Goethe, amante de Spengler e defensor de Rimbaud. Mamei as pegadas da Nai Terra dende moi novo, e aprendin emplastos para cauterizar as fridas. Peleime coa tetraplexia, coa esteosclerose, co derrame cerebral, co infarto, coa diabete, co osteosarcoma, coa hepatite c, coa demencia senil, coa cobiza desmedida, co casoiro, co divorcio, coa infelidade, cos amores putos e coa arela de facer algo de min mesmo... E nada por aí hai xa que sexa superior sentar un momento diante dunha máquina e que faga ela por ti o que ti non podes facer por ela. Non mando sobre seres humanos. ¡Non a imposicións de clase!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: