Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de c2p2

Vella Música de Santiago

A IMAXE EN COMPOSTELA

Nada se me ocorre, e fico extasiado ollando para o arredor.
¡¿Poderanse enviar comentarios con fotos?!... Ou subir música composta por nós mesmos??? .. Ou algo así... Ollas, porque non fica máis remedio que ollar, e ves moitas cousas. Unhas chámante a atención e outras menos. O caso é que miras....
Doe tanto isto que non queda máis remedio que apartar a vista. 

Tags: SOCIEDADE   

por c2p2, 10:46 15/07/2008

Comentarios (1)
c2p2
# 20/Agosto/2008
Ninguén sabe ben nunca o que pode pasar certamente, e por iso descubrir o que a cábala pretende faise imperioso para os Homes, e a elo adican boa parte da súa vida e dos seus esforzos. O que a cábala dá de seu pode ser interpretado de moitas diversas maneiras, tratando sempre de conservar o significado literal dos seus misterios, que compre dicir verdade, só tratan de seu da Salvación da persoa humana. Isto pódese entender de xeito individual ou colectivo, e non é o mesmo achar a Salvación dun xeito (individual) ou anónimo, ou dun xeito (colectivo) ou público. Non é o mesmo pois de Salvación só se entende se é mesmo pública que anónima.
Esta é a lei. Se nos fixamos no seu primeiro artículo: Honrarás ao teu pai e á túa nai sóbor de todas as cousas, estamos accedendo á parte relativa a nós mesmos que nos fai "ser" da maneira máis sinxela posíbel. Papá e mamá son os dous vencellos primeiros que nos outorgan a Vida, e polo tanto, débeselles honrar. E isto é o que convén. As desavinzas entre fillos e pais non deben ocultar que os fillos sempre buscan a independencia dos pais, e que isto é natural nos fillos, pois á súa vez pretenden ser "pais" á súa vez. As maneiras máis tráxicas polas que certas formas de humanidade alcanzan esa potestade tamén redundan en que o feito de ser pai é unha cuestión interminábel, e que nunca concluirá. Pero, por respecto á lei, ser pais só se produce cando veñen os fillos, e polo tanto, hai que agardar un ratiño.Por iso, en ser ou non ser pais, interven outro elemento do que depende moito a calidade da patria potestade, e ese fenómeno é o "tempo", algo tan insondábel, que é propio de tempo todo o que é tempo, e non outra cousa. Entón, ser pais é cuestión de tempo, e como non se debe faltar á primeira lei, o tempo convinte para acceder ao que os teus primeiros pais fixeron de antes, sendo o teu posterior. Como aos pais só se lles honra sendo nós mesmos, é convinte que un non perda ese sentido especial que outorga o ser descendente, dun primeiro pai (e nai), ou duns primeiros pais, aos que se lles debe tamén agarimo. Non parece tan claro agora que os pais dun sexan os mesmos que os pais doutro (ou así deberíamolo ver), polo que fai falla aclarar que lle debemos honra só aos nosos verdadeiros pais, sen menosprezar os dos outros, pero facendo ver que os dos outros son os pais doutros, e non os nosos verdadeiros pais (perdoen a vulgaridade).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: