Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de c2p2

Vella Música de Santiago

´TOU NAMORAO"

Cousas da vida.
Ninguén é Perfeuto, e Perfeuto, erre con erre coa súa teima, dálle que dálle ao novo emprego, insiste en non ver os recentes avatares como algo positivo. O que pasa que Perfeuto é un ninguén. Tamén chamábaselle a se mesmo Ramón de Sismundi, e de verdade é que non tiña un segundo.
O que pasa é que o mundo medra e medra e ninguén non sabe como parar.

Tags: TEIMA IDIOSIONCRÄTICA   

por c2p2, 17:52 14/07/2008

Comentarios (2)
c2p2
# 14/Xullo/2008
Idiosincracia: Hei erguer os meus pregos ao Señor para termar conservar A Nosa.

Pero mira aquí este........ oeste ...... norte ...... sur.................................................................

Eu andei por aquí durante 50 anos e isto puiden ver.
Arelaba campos, pois aquí os campos estaban todos na ruína máis absoluta. Non había nada, só o que tíñamos posto. Éramos pobres e así o recoñecemos.

c2p2
# 14/Xullo/2008
Íamos de Vidán ao Monte de Conxo, e do Monte de Conxo á Pontepedriña ¡dar bicos á primeira moza!. Boh, e iso non é todo... ¡Eu non son tan maior!...
Primeira Comunión: Igrexa do Divino Salvador de Vidán, e dalí a Laraño, pasar os estíos xogando ao futbol cos rapaces dalí, riba da vía, riba de Casal.
Alí as amoras sabían a amoras, e o vello camposanto -que xa tiña oído falar das coitas de Rosalía- un lugar seguro para toda clase de xogos.
Despois ficaba Ortoño, e dalí a Roxos, e volta principiar: ¿vesme agora na Bahía do Orzán?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: