Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de c2p2

Vella Música de Santiago

Música-Música-Música

¿Sóa?=MÚSICA.
¿Falas?=MÚSICA.
Pero ben, todos os inicios son intranscendentes ata que atopas a maneira de que o que é intranscendente dende un principio se volva transcendente.
É cando menos curioso iso que poden dar as xentes en canto ao que un músico prefire, e, como o músico só fala a lingua da música, a música é a súa maneira máis natural de expresar o que entende. Podían ser Olimpiadas e ficar nun posto entre o vencedor da carreira e os que integran o número de participantes da mesma: o 5, o 15, o 3..... ¡NÚMEROS!. Vale, ¿pero para que serven?. Agora fágome a idea...
Estaba unha linda moza asomada a fiestra entre tarros de lirios, e pasou un galán....
¡Oia, eu tamén andaba por aí!...
Así que concebín un estilo musical novo para o que aínda non teño nome. Poreime cismar nelo. O nome que necesita meu neno para ires medrando non é tal vez o máis importante para que medre, pero, bon, necesita un nome, ou un alias, ou un sosias, ou un compañeiro. 
Traballei arreo, andarego de Santiago e cheguei ata onde cheguei, despois de moito andar, dun mundo para outro, e tamén polo máis alá. 
Así que fixen un traballo que puiden destacar. Púxenme mans á obra, e dígolle que no Café-Bar Rúanova, entre as mesas do bar e o perenne deambular, das xentes de aquí e acolá, hai un bo traballo riba da caixa rexistradora de Juán e Pía que merece unha cita, por tratarse de algo que se fixo nesta cidade só co auxilio da propia arela e o desenvolvemento do noso pensar. 
Eu son moi vello nisto da música. Comecei escoitar música case cando espertei polo ano 1961-1963. E con catro anos xa andaba viaxando. Lembro sempre a primeira viaxe a Vigo, ao que volvo moitas veces, á casa dos meus tíos, que traballaban na Suíza, e que querían me adoptar.
Dende aquela a adopción e máis eu viaxamos xuntos da man. Pero isto é unha longa historia.
Calquera día podereina explicar.
De momento, fixen a Orixe do Home, algo relaxante para enfitar o percorrido do camiño que temos diante e que teremos que ires alcanzando tal e como veña chegando, que coido non é moito pedir.
A ORIXE DO HOME: dúas partes sobre 28 minutos cada unha, a primeira unha longa melodía ininterrompida e a segunda unha melodía longa en dúas fases de ritmo ben expresivos á vez. Non, non se fai pesado de escoitar nin moito menos. 
Claro que tampouco pretendo me facer multimillonario, pero, se por 30 € é capaz de tratar de satisfacer unha sorte de desexo novo, pregúntelle a Pía ou a Juán polo disco e de verdade que oirá algo diferente que non o fará sentir estafado.
Nada.
 

Tags: PRODUCTUVITIS   

por c2p2, 13:21 06/07/2008

Comentarios (2)
c2p2
# 10/Xullo/2008
25 pts. foi o total do meu primeiro mes de soldo, e con iso puiden mercar tabaco, tomar algunha cunca e comer algún bocata. Disto pode dar fe a cartilla.
Eu non sei se isto é bo ou é malo pero foi así. Tiña eu 18 anos e xa unha paga de 25 pesetas.
¡Alédate, Sibila, que raudo envío os meus pesares ao teu abrazo!. Comecei logo estudar aos 6 anos, non existía aínda o de Preescolar, e dous anos despois fixen a Primeira Comunión. E xa estaba falando de min. ¡Agarda, Venus, que non farei que rogues!. Máis así, eu penso, que pensar é bo, e que de ser bos se trata...

c2p2
# 16/Xullo/2008
E que lle parecen mil pesetas das vellas, 5 euros. 30 euros, 6.000 pesetas. ¡Ah, que difícil é vivir!¡Vaia ho!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: