Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de c2p2

Vella Música de Santiago

EU SÓ

Vale, veña, non me sexas rácana e dame algo de tempo.
Case xa sen tempo, agoiraba eu futuros insospeitados, e de súpeto, aparécesme Ti. Todo o que quixer dicir non valería para nada se non soubese que Ti es unha imaxe que eu teño nos miolos dende vai tempo, anque, todo o que se pode dicir non se pode dicir nun só día, nin nun número indeterminado de segundos. Eu penso así.

Tags: BELOS MUSICOS INTRANSCENDENTES   

por c2p2, 21:18 03/07/2008

Comentarios (4)
c2p2
# 10/Xullo/2008
Sei que fago. Pero sei que o que fago tamén non é suficiente. Anque,xa os traballos rematados, a confusa espera non fai máis que incordiar. Sei o que teño que facer de aquí en diante. E sei que é agradable que o poida facer xa, sen ningunha excusa posible, salvo as secolas físicas e psíquicas. Por iso, levamos a vida o mellor que podemos, sen plantexarmos ningún grande esforzo superlativo, pois cremos, os grandes esforzos pasaron á historia, e agora veñen os esforzos máis pequechos, xa medio camiño andado, e veremos...

c2p2
# 10/Xullo/2008
Vivín na República do Salvador durante 17 anos na casa da miña tía Chelo, e do meu padriño, Antonio, e sei moi ben o que é unha escaleira de 7 andares.
Starway to heaven.
Os Zeppelin entraron e saíron da miña casa deica se fixeron vellos, que entón pasaron outra sección do IMSERSO, tamén moi complacente.
Foi así. No ano 67 eu subía e baixaba escaleiras por primeira vez, e despois foi todo subir e baixar escaleiras. (Bon, tamén había ascensor, pero isto é o de menos). Eu facía os traballos da portería co meu tío e despois volvía a casa a Vidán Vello. E alí ía ao campo e vía pasar o carro de bois polo carreiro do Souto cara a leira da Choupana, e entón aprendía por nome ás cousas que vía, e xa sei de novo que o meu sistema de locomoción favorito foi a grade. Chovían invernos longuísimos de 6 meses, e non había seca. A Terra daba froitos.

c2p2
# 16/Xullo/2008
Vai pouco pasou un cometa que levaba na cauda un ronsel de cousas. Entraba eu polo cancelo á cuadra mimar os porcos con levadura e algo pasaba. Pasaba. Paseo. Pasear. Andarego. Andaina. Camiñante. Camiño.
Quen dominaba a cuadra era a Lúa, que daba dous ou tres leitóns ao ano, e todo iso que dan os porcos cando maduran e están listos para a matanza. Lembro isto, que a matanza dos porcos levaba aparellado un complexísimo ritual, que non consistía só na aparatosidade do seu sacrificio, senón en moitas facetas complementarias que rematan con pregos a quen o facía posible.
Dar grazas polas cousas recebidas vai caendo en desuso, como se xa a xente non se decatase do que ser ben agradecidos conleva. E eu non podo nin moito menos considerar que as xentes que me coñecen non merezan os meus agradecementos, pero, sen que por elo non poida reinvidicar o meu, o que é meu dende ogano e sempre será. Pois eu seime o seu lexítimo dono.
Das cousas que son miñas darei conta eu....

c2p2
# 19/Xullo/2008
Hai poucas cousas na vida que consigan satisfacerte por completo. Para iso se necesita a vida. Deus non será un ser feliz ata que o Home que El creou non atope o significado do misterio da súa nacencia no Planeta. ¿Para que está o Home na Terra? ¿Porque foi creado?
A suxidade mediática á que nos teñen acostumados non parece que queira tratar do asunto. Algo así como que a súa porcallada non vai discernir máis alá do que se teñan entre mans a cada momento. Pero nada máis lonxe dos nosos instintos que o non seguir plantexando ata onde alcancemos o seu misterio.
O Home está sendo acosado por ese tratamento incorrecto da Historia do Mundo, que eles non poderán mercar por moitos millóns de euros que non lle adiquen, interesados só nese necio asunto dos negocios.
A particularidade humana dinos que as súa experiencia serve para salvar calquera tipo de escollo ou atranco, e que o seguinte paso será o de expulsar aos mercaderes do Templo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: