Blogs Composteláns
Concello de Santiago

O blog de c2p2

Vella Música de Santiago

AS IDADES DA VIDA

  OS CASTELOS NO AIRE A CARÓN DA VEA DIMINUTA Na idade, as idades, e, as idades, a vida, a lambetada da gadoupae a prisión do arado, a humidade da memoria, as raíces arrabuñando calquera curruncho, os esforzos ímprobos, o honrado traballador, na morte, a desafección do cruel e do maldito, os cultos ancestrais a calquera fecundidade, calquera, miña amiga, calquera.Deus de sempre foi o máis consentido e arañou nas áas do caído a súa faceta máis escura.Grecia ensalzou a un home enardecido, coralludo e afeito a mil batallas e a ritmos trepidantes e estímulos.Co tempo, ninguén ousou enfrontarse á cabeza das estatuas admiradas polos limóns e as laranxas do sol chumbo dos non aínda coroados estíos.E pasa o tempo, a vida pasa e facemos o mesmo.Arrabuñamos nas fontes a pinga derradeira e a primeiriza. Sondamos nas profundidades dos abismos as altitudes dos ceos e a cor das nubes voantinas, unha mirada defectuosa, case o pan qué comer, qué atraer a un cando os amigos se van á praia e fica a muda pedra por testemuña.Qué facer cando todos te deixan e ficas só rodeado das pasaxeiras nubes.Con quen falar cando a distancia esconde todos os saibos das cercanías a unha man escabrosa e presentida?Qué facer cando todo se enfoca coa cor das primeiras diseccións e a espátula se esquece no olor do nauseabundo?Qué facer cando as nenas fermosísimas cacarean como galiñas e foxen polas vertentes do prohibido?As areas moven as beiras de calquera parque estratéxico e un se afunde no sofá osmando que os mundos mudan.Mudan as terrazas e as baldosas e os comedores das cociñas.Mudan as falas indiscretas e o acougo e o pel da serpe e a mazá purísima.Mudan os dedos no traste e combaten a ira do agobio e as solapadas indirectas.Mañá espertaremos sentados diante da sudorosa e exhalante multitude e as flores que puxemos en lembranza do recordo serán pisadas por mentes delicadísimas, que non saben nada dun nin dos tempos que un decorre polas beiras de todos os tecidos.E o vértigo é a danza e a mente o contrapunto.Ninguén se pode apropiar das ideas dos demais nin ninguén pode validar esa forma de conducta.   Poemas escritos a carón do lago auditorio entre os finais de maio e principios de xuño de 2006, no Campus Norte 

Tags:

por c2p2, 13:54 11/02/2009 | 0 Comentarios