Blogs Composteláns
Concello de Santiago

amparo somos todas

ou barbarie

corenta días de auga son

si claro, e logo pensabades que non ía falar do lugar común da humidade? se non chove na ascensión, o 2007 vai ser ano de sol. bonaval, praia de compostela que é de area de mentira pero pódese ir en tren, tapia, cañas nas terrazas. non facía falta galicia toda a uralita. a pedra tamén torna do frío como torna da calor.
e non hai cousa mellor cá fotosíntese no día das festas patronais, que se xuntan coas festas da letra. bonaval era unha festa no aire. e ese cemiterio unha das cousas máis bonitas da cidade. deberan externalizar o panteón de galegos ilustres. comemos ensalada de polo e tomate e falamos de canto mellor non sería comer sardiñas e de que coma quen di vén aí o san xoán, a festa máis grande do ano.

Tags: a ascensión   bonaval   san xoán   sol   

por ampar, 13:26 18/05/2007

Comentarios (2)
teri
# 13/Xuño/2007
Estou empezando a criar mofo na pel. Vou ter que pedir unha baixa por falta de pigmento. Maís mar e menos humidade made in Compostela!!

ampar
# 14/Xuño/2007
bonaval para a fotosíntese dos habitantes sen carné de conducir

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: