Blogs Composteláns
Concello de Santiago

amparo somos todas

ou barbarie

amparo somos todas

daquela este vai ser un blog de moita xente. hei falar do que se coce no meu barrio. de como chego en dez minutos aos coches de choque da alameda. se cadra das festas da ascención, ou non.
a rúa dos xasmíns non é mal sitio. seica se chama compostela por culpa de otero pedrayo. tamén lle puxo nome á torre da quintana. se vas botar un cigarro escoitas petar o reloxo. se che deixan os percusionistas e mais as pulgas do can. unha das miñas ocupacións preferidas. agora que vén aí a raxeira tamén penso en bonaval, e nas dúas noites en que se pode andar en camiseta. nesta cidade chea de torres e de vento.

Tags: a quintana   compostela   rúa dos xasmíns   zona vella   

por ampar, 13:01 16/05/2007

Comentarios (1)
ampar
# 13/Xuño/2007
e vós ides botar o cigarro á quintana?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Santiago de Compostela. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Santiago de Compostela.

Si xa tes o teu nome en Santiago de Compostela, podes acceder dende aquí: